Min.Fomentoministerio de medio ambientecedex CEHOPU
 
 
 
Centro de Estudios Históricos de Obras Públicas y Urbanismo
     
 
ilustración
 

O CEHOPU ten entre os seus obxectivos:

- Investigar, estudar e difundir a evolución da técnica e a ciencia, as realizacións e as figuras máis relevantes da enxeñería ao longo da historia, realizando exposicións e publicacións impresas ou en soporte informático ou audiovisual.

- Manter e enriquecer progresivamente o “Museo da obra pública” como mostra permanente das realizacións.

- Conservar, recuperar e enriquecer o patrimonio histórico das obras públicas.

As súas actividades pretenden fomentar, na práctica actual, o diálogo entre infraestruturas, natureza e historia na inserción da obra pública no territorio, para o que propoñen un percorrido pola historia das grandes redes de transporte e hidráulicas e as súas pezas singulares.

O CEHOPU concreta as súas investigacións no eido do espazo territorial do Estado e nos espazos xeográficos supraautonómicos.A partir desta base espacial ábrense dúas direccións complementarias de investigación: cara ao coñecemento da especificidade dos territorios e cara ao intercambio de experiencias comúns no eido internacional e no local.

As actividades de intercambio e divulgación materialízanse na celebración de seminarios, conferencias, exposicións e publicacións. A integración de saberes técnicos, culturais e científicos require a colaboración de institucións internacionais e locais, do mundo universitario e dos investigadores, xunto con persoas relevantes do mundo da práctica proxectiva e do pensamento teórico, promovendo o encontro entre as máis significativas personalidades da enxeñería, a arte, a cultura ou a ciencia.

Conta cun comité asesor que ten como finalidade asistir a dirección, tanto asesorándoa en traballos que lle sexan solicitados como propondo as actuacións que estime oportunas.

    actividades | functions | activitats | actividades | jarduerak
     
 
   
menú menú principal
presentación presentación
   
actividades actividades
   
  orixes
  actividades
  entidades colaboradoras
flecha contactar
   
  volver flecha
  mapa do sitio flecha
 
   
CEHOPU, Alfonso XII, 3-5 - 28014 Madrid - tel: (+ 34) 913 35 72 00 - fax: (+ 34) 915 28 03 54 sobre cehopu@cedex.es
CSS | WAI AA | XTML 1.0 | RSS © 2006-11: CEDEX - CEHOPU